Copyright © {año 2002} {Roberto Traba Velay}. Todos los Derechos Reservados.

                                                                   FISTERRA  KILOMETRO  CERO

   
   Sitting Bull, o alto e melenudo peregrino luxemburgués camiñaba como un auténtico gran xefe indio. Sempre
diante de nos, parecía perseguir a súa propia sombra, que se proxectaba hacia o Oeste, indicando o camiño, como
se fora un compás de luz interrumpida. Simone, a esforzada peregrina australiana, bautizárao con tan axeitado
alcume un día no que a chuvia obrigáranos a facer un alto no solitario albergue de Reliegos, un despoboado lugar
afundido na afeitada meseta leonesa.

   Aquela noite, tras unha estraña e atípica cea chea de sorprendentes e mixturados sabores, Patrik, o exilado súbdito
de antigo principado, foi o primeiro en ser apodado como Sitting Bull. Logo despois, como nun xogo de nenos vellos,
os demáis: Simone; flecha amarela. Kate, a súa amiga de Sidney, Tormenta que sonríe. Daisy, a sensible rapaza
sudafricana, Bágoa do vento. E por fin Jean Martin, o pintor nacionalista de Quebec, Xerónimo.

    Tocóume a min reencarnarme imaxinariamente no mítico Crazzy Horse, alcume que certamente me gustou e que
debín merecer polo meu tolo empeño de repetir unha e outra vez a toda a tribu que debíamos chegar a Fisterra. Ese día,o redor dunha botella de viño convertida para a ocasión en "auga de lume vermello" contei todas e cantas historias sobre a
fin do camiño viñéronme a memoria para convencelos. Incluso inventei unha lenda que afirmaba que, o caer a tardiña, no meu pobo produciase o máxico miragre dun sol que tras precipitarse na liña do hourizonte derreteuse facendo que as augas do océano quentáranse aumentando así a temperatura do Atlántico. Tal é a razón pola que os peregrinos cumplen un vello rito bañándose no mar de Fisterra.

    Quizais non fora ese o motivo, pero o certo é que Patrik, Simone, Kate, Daisy, Jean Martin, e mais eu, ou o que é o mesmo, os últimos sobrevivintes da aldea india de Reliegos, chegamos andando ata o fin do mundo. Foi entón cando
nos decatamos de que voltábamos a ser persoas normais. Estábamos en Fisterra, o Kilómetro Cero, e semellaba que todos saíamos dun sono.

                                                            É un relato de Roberto Traba Velay

Podes opinar sobre este artigo no foro de discusión.