¿Quen é Suso Bahamonde?   

        Di o dito que un non é de onde nace, senón de onde pace. Se isto fose certo, eu sería sen dúbida de tres lugares por igual, aínda que a miña nai quixo parirme gustosamente alá polo ano 1978 na Coruña.
        Despois de moitas gracias y desgracias nesa cidade, quixeron o destino e a familia que eu fose parar á Costa da Morte, bendito e maldito lugar a partes iguais, co que manteño unha relación amor-odio como se de dunha amante neurótica se tratase.
        Xustamente na costa tivo que ser onde se me presentou a oportunidade de adentrarme na boa compaña de
Batallón Literario da Costa da Morte, e con eles, dar mostra do que faciamos por medio de moitos e afastados recitais, chegando incluso a Cuba.
        Desa etapa quedan boas amizades, moitas copas e algúns libros colectivos como
Nós, Rumbo ás illas e Mar por medio.
        
Volveu a querer o destino, e esta vex a depresión, levarme ata Compostela, onde durante catro anos desfrutei da boa vida. Desa etapa quedan moi boas amizades, moitas copas e o libro colectivo O entrelazo das palabras.
         E outra vez de volta a Costa da Morte, que é de onde chega o meu primeiro libro individual,
Óxido nas flores da tarde. Aínda que non é o primeiro (perdidos polos bares de Compostela andarán Estradas, Canpamento Rem e Poemas do absurdo, inéditos xa por sempre e por capricho), si é o que está escrito con máis ilusión e rabia.