|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
na zona industrial da cidade pedín un havana cinco en vaso curto e senteime na terraza a observar a lentitude do tempo, as pernas sen barbear das traballadoras das
fábricas e o voó cincocentos trinta e tres das aerolíneas xamaicanas que cruzaba o ceo a dez mil pés deixando tras de si, un eco musical que se perdía nas nubes. No interior, unha azafata con medias de rexilla, e guapa como o sol que esperta aos leóns na sabana, servia havanas con cola á pasaxe, camiño do inverno. Máis abaixo, o meu avó botaba a chalana ao mar e remaba cara á soidade do mariñeiro onde tiña as nasas e o futuro. Despois ao meu avó paralizábaselle un brazo e comenzáballe unha dor aguda no peito, intermitente, coma as ondas que chegaban á praia cargadas de tesouros. Tumbouse o vello cara atrás, como se estívese a tomar o sol que esperta aos tigres na sabana. Suspirou e aguantou o espete da vida no medio do mar, mentras observaba coma un avión ía surcando o ceo e deixando tras de si cancións de despedida. |
|
|
|
|||
|
|
Copyright © {2003} {Suso Bahamonde}. Todos los Derechos Reservados. |
|