|
|
Pasionaria |
|
|
Nunha alonxada e pequena aldea da Costa da Morte, naceu o segundo fillo dun vello mariñeiro, pero tivo a desgracia de ser nena.O ser o primeiriño varón, decidiron os pais desfacerse da rapaza, xa que entón, naqueles anos de tristura e sombrío futuro, as mans do rapaz sempre serían mais productivas cas da nena, e así sempre poderían os homes levar mais cartos a casa. Pasando o tempo, quixo o destino, que a nena, acollida nunha casa nobre, fixérase universitaria, e o primoxénito non pasase do parvulario, pois o traballo no mar era tan duro, que nin horas o día quedábanlle o pobre neno para tomar as suas clases, e malamente chegou aprender a ler. Co tempo chegou a desgracia a aquela fermosa terra, e o que entón era gris no ceo e verdeazulado no mar, tornou todo negro pichi, e ensombreceu as costas e as almas da xente.O mal facer duns governantes arcaicos, caducos e trasnoitados, que do mar nin oiran falar e da Costa da Morte só coñecían o seu marisco, algún que outro viño, e seguían a errar autoestrada cas corredoiras que inda nin superon ían percorrer, e graciñas o fuel, ían ensanchar pois non lles collían os mercedes pra vir sacar a foto. Pero a vida que era ingrata, fixo que o fillo varón, casado cunha muller que nin fregar un cazolo sabía, a tal ruina levouno que tivo que facerse furtivo, xa que nin cartos tiña pra cubrilo seguro, e así ca chegada da merda as súas costas, morrían ca fame; iso sí, tiveron tres fermosos fillos, que aumentaron a sua ruina familiar e persoal ,malamente xantaban o peixe, furtivo ou non, pero ao carecer del, nin vender, nin xantar podían. A irmá universitaria, estudiou dereito, rodeouse de peixes gordos, e chegou á Costa cargada de promesas, pero coma sempre, poucos cartos ía repartir, xa que no seu partido, preparábanse as próximas eleccións, e non daba pra máis.Chegou cas verbas frías e calculadoras, aprendidas no medio dos carroñeiros do seu entorno, pero o ver a miseria que rodeaba o seu povo, os seus irmáns na ruina, e a seu pai, co verde dos seus ollos, volto en triste e gris jalipote, deixou de lado as poucas conviccións políticas que tiña do partido governante, e púxose un mono branco, que por certo, non lle sentaba nada ben, xa que estaba un pouco fondona cas depresiós xa incurables, pola pouca autoestima que lle quedaba. Pero dando exemplo de muller triunfadora, fixo voar ata a Costa a xente de sona recoñocida, políticos arrepentidos, cartos dos branqueadores, pés reais, e tantas canlesda televisión, que os galegos non daban a mudar a roupa, pra non repetila nas moitas entrevistas que tiñan. E a muller atopou a familia agradecida que nunca tivo, xa que as mans valeiras, tornaron cheas pois todo dios quiso poñer o seu grao de area, nunca peor dito, xa que nunca tornarían as praias o seu..pero o que ía: Ela rodeábase do seu povo, levabánna as mais altas cotas de prestixio, pois xa era a mais mellor muller loitadora de todo o mundo. Afastáronse dela os políticos carroñeiros, que vían como fuxía aquel filón, vestido de Armani, que trasformada agora polos pantalós que viña de comprar no mercadillo de Muxía, e bebendo como unha cosaca cos mariñeiros no Quixote, que para entón xa abrira as súas portas, e non lle tocaba ata que chegaran os turistas no verán, pero os voluntarios encheron os povos e as tascas tamén, e a Costa cobroú vida de novo, e a muller era a abandeirada dos desprotexidos, berrando contra os politiquillos e reclamando os cartos que nas mans deles facíanse fume, pois non daban nunca as contas, berrou tan forte coma puido:; Nin deus, nin patria nin rei, quero a miña Costa coma estaba. E todo o mundo facía o que ela dicía....Pero pasaron moitos anos, moitos. Xa todo dios olvidara o jalipote, e ela voltou á capital chea de recordos, pero cas mans negras e o corazón valeiro. Para entón, ninguén a coñecía e as costas seguían cheas de merda. |
|
|
Copyright © {2003} {t.t.}. Todos los Derechos Reservados. |