|
|
DECEMBRO 1979 |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Tan só dicirvos que foron seis anos intensos. Seis anos de vida absoluta en estado puro que pasaron tan rápido como un sopro frío no deserto. O día que regresei á vila no autobús que cruzaba o país, observando as luces do nadal en todos os lugares polos que pasábamos, cría morrer. Cando chegamos, os meus pais collidos do brazo, agardábanme resgardándose da choiva baixo a marquesina da estación. Cando baixei do bus e achegáronse a mín, nin se fixaron no meu aspecto demacrado. Non notaron nos meus ollos o paso de gramos e gramos de heroína durante tres anos. Non sufriron comigo os dous abortos, a pérdida da beca e a carreira. Eles non sabían o que era enterrar a un mozo de vinte anos que che levaba o almorzo e as drogas á cama. Como o ían saber, se eles nunca xogaron a isto. Nunca sairon de aquí para poder gañar ou perder. Seguían véndome como a pequena Nicole, que pasaba todo o día estudiando para ser algo na vida. A rapaza modelo que levaba sempre os premios e as condecoracións na vila. A súa filla perfecta. Mentras íamos de camiño á casa no coche, sentada no asento de atrás, observaba atentamente como todo na vila seguía exactamente igual. As súas perfectas rúas limpas, os mesmos negocios, a mesma xente. Parecía que na vila non pasaba o tempo. Que estaba noutra dimensión, estancada e feliz na súa simplicidade. Un escalofrío recorreu o meu corpo como un lóstrego. Apoiei a cabeza no cristal do coche e suspirei; formouse unha capa de vaho na ventanilla provocado polo pouco ar quente que quedaba aínda en mín. Sabía ben que nunca máis abandonaría este lugar. Sempre estaría aquí agardando, agardando.... Retirei a man esquerda do peto, e co dedo meñique escribin unha palabra na ventanilla.... Despois pechei os ollos e intentei durmir. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
PASATEMPO ADICIONAL Busca nesta sopa de letras o que escribiu Nicole na ventanilla do coche e saberás o que sentirá dende aí ata a fín dos seus días.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Copyright © {2003} {Suso Bahamonde}. Todos los Derechos Reservados. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||