|
Meu
moi distinguido amigo compatriota e cidadán bo galego
e xeneroso de "Nunca Máis" meu irmán.
Desde
Fisterra che escribo un martes pola mañán para
informarche dun asunto do que moito falarán si é
que contigo contamos e nos metes unha man.
O
conto é que xa se achega o entroido fisterrán e
tal como están as cousas (tí xa sabes como están), nunha
asamblea pensamos, con retranca de aldeán en montar
un batifondo, entre bravú e "performance", para
dar caña ao sistema e tamén a algún gañán.
Xa
que Fisterra ten nome de sona internacional e sae en todos
os mapas que editan no mundo mundial coidamos moi axeitado no
tempodo carnaval organizar, con gran pompa, un solemne funeral en
memoria dese barco que nos fixo tanto mal.
|
Estamos
pois construíndo para o oito de Marzal en escala, un
petroleiro que semelle moi real, monocasco, por suposto bandeira
convencional, e que quede escorado a unha banda ou a outra,
que é igual solte moito chapapote como é lóxico
e normal.
Ademáis
de todo esto, unha grande comitiva de obispos e autoridades (toda
xente suversiva) irá tras o cadaleito rúa abaixo,
rúa arriba, repetindo cada salmo que para a ocasión
se escriba e que ha de ser moi agudo pois aquí hai
xente moi viva para inventar letanías con retónica
furtiva.
Irán tamén voluntarios militares
"en cursiva" estudiantes e bombeiros e cobradores
de IVA.
E
berraremos ao mundo que dunha vez se prohíba que ataquen
contra o planeta dunha forma tan masiva.
|
Acabada
a procesión o barco será botado e afundido no
océano. Para elo temos pensado alonxalo o máis
posible, gardando moito coidado de facelo, mesmamente como
se tivo mandado polo governo da Xunta no caso aquí
recordado.
En
fín, meu querido amigo xa sabes que estás invitado a
participar con nosco en todo este tinglado. Se podes, vén
a Fisterra e si vés, sería doado que apareceras
de obispo ou de Raxoi disfrazado para ler a túa ofrenda ou
si ques para estar calado.
Con
esto xa me despido, espero a túa resposta e aínda
estando convencido de que vir aquí che costa cancelar
algún asunto, agardo con impaciencia contar coa túa
presencia no funeral do difunto.
|