|
|
david creus andrade |
|
|
Poeta galego nado en Cee (A Coruña) en 1975. Ten publicado ata o de agora un só libro de poemas: Palabras para un parque hidráulico (2003, Premio de Poesía Afons'Eanes). Outros poemas seus soltos atópanse en distintas publicacións colectivas, nomeadamente nas publicacións do Batallón Literario da Costa da Morte do que fixo parte activa. É licenciado en belas artes e traballa como profesor de ensino medio. |