Tardes de rock´n´roll

 

Os nosos soños estaban feitos de vinilo.

Unha guitarra sementaba nebulosas entre o fume áspero da habitación.

Eran tardes de rock and roll.

Acordes meigos, estrelas malditas que nos acompañaban,

nas nosas potentes viaxes polos imperios da memoria.

Os decibelios empapaban os corazóns adolescentes, e unha gorxa disparaba os himnos da nosa xeración.

 

XOSE MANUEL LEMA
lema@radiolider.com