|
A Luz vermella transfórmase en cor esperanza. A Miña voz espállase no cosmos
hertziano, conéctase o corazón nun micrófono
escuro, por onde fluctúan os soños. O tempo que se diúe coma unha aspirina,
e a forza dos pentagramas nos acompaña,
nun día de radio. Tento trasmitir sensacións, versos que supuran nas cordas vocais, e queren derruba-las fronteiras do
silencio. Achegarme a ti, que tan lonxe e tan
preto, habitas no meu país de ondas máxicas. Un dial e unhas palabras, que nos unen,
unhas cancións que lembramos. Xa estamos no aire, comenza a función. XOSÉ MANUEL LEMA |
|
|