Índice dos Foros www.viladecee.net
Foro da Vila de Cee
 
 FAQFAQ   BuscarBuscar   MembrosMembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RexistrarseRexistrarse 
 PerfilPerfil   Entra para ver as túas mensaxes privadasEntra para ver as túas mensaxes privadas   Iniciar sesiónIniciar sesión 

BNG
Ir á páxina Anterior  1, 2
 
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Especial eleccións
Ver tema anterior :: Ver tema seguinte  
Autor Mensaxe
Convidado






MensaxePublicado: Lun Mai 07, 2007 11:34 am    Asunto: Responder citando

Que foi o que dixeron Antonio e Isidro sobre Dani Oca na presentación da candidatura do PP? E que eu non frecuento os actos dese partido, nin sequera con aperitivos gratuítos, e non o sei
Volver arriba
BNG
Convidado





MensaxePublicado: Mar Mai 08, 2007 9:09 pm    Asunto: Responder citando

www.danieloca-bng.org
Volver arriba
PP-Fascistas
Convidado





MensaxePublicado: Mar Mai 08, 2007 9:27 pm    Asunto: Responder citando

Aznar,e os PP-Fascistas en xeral,teñen algún tipo de distrofia no cerebro?
Quen che dixo a ti que eu quería que foras a Azores e a Irak?
Por que non queredes que conduzamos por vós?
Bebe,Aznar,bebe.E conduce moi rápido...
Que razón ten Rubianes...
Así lle estallen os collóns a algúns!
Volver arriba
Convidado






MensaxePublicado: Ven Mai 11, 2007 4:09 pm    Asunto: Responder citando

Moito ánimo para Dani, coñézoo desde hai tempo e é moi bo rapaz, seguro que o vai facer ben. Non voto en Cee pero se o fixera o meu apoio iría para el sen ningunha dúbida.
Volver arriba
wu ming
Convidado





MensaxePublicado: Ven Mai 11, 2007 11:14 pm    Asunto: Responder citando

Eu non é por foder, de verdade, mais sou o único que pensa que est+s tip+s non fan máis que teatro?
Volver arriba
xiu
Convidado





MensaxePublicado: Sab Mai 12, 2007 11:36 am    Asunto: BNG MIRA POR NOS QUE ES O Q NOS QUEDAS Responder citando

AS PARROQUIAS DE CEE FORMAMOS UN TOTAL DE MAIS DE 3500 HABITANTES,ESO QUERE DICIR QUE TEMOS MAIS POBLACION QUE CEE,SENEMBARGO O QUE SE FAI POR NOS ESTA TOTALMENTE DESPROPORCIONADO CO QUE SE FAI POR CEE.¿CANDO SE MIRARA UN POUCO MAIS POR NOS E NON SO POLO NOSO VOTO?AS PARROQUIAS TEMOS MOITAS ZONAS DAS QUE A XENTE DE CEE,E DEMAIS, DISFRUTAN DELAS COMA AS PRAIAS PERO NON HAI ACCESOS MOI BOS COMA A DE GURES,A RIBEIRA DE AMEIXENDA AINDA TEN O CHAPAPOTE POR TODAS PARTES E O QUE SE LIMPOU FIXERONO OS RAPACES SEN AXUDA DE NINGUN TIPO MAIS QUE UN CONTENEDOR,POR MOR DAS RIADAS AGORA EN VEZ DE UHNA BOLEIRA TEMOS UN AREAL,GRAZAS O ALCADE,QUE A AREA QUE PUXO NA PRAIA DA CONCHA,ONDE NINGUEN MOLLA UN PE,VEN DAR A AMEIXENDA MENOS MAL QUE A NATUREZA SABE REPARTIR E COMPARTIR.EU NON PERDO A ESPERANZA DE QUE ALGUN DIA TODOS TEÑAMOS O QUE NOS MERECEMOS.
Volver arriba
Eloy
Site Admin


Rexistrado: 28 Abr 2006
Mensaxes: 138

MensaxePublicado: Mar Mai 15, 2007 5:45 pm    Asunto: Enviadas por Daniel Oca Responder citando

Enviadas por Daniel Oca
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
Eloy
Site Admin


Rexistrado: 28 Abr 2006
Mensaxes: 138

MensaxePublicado: Mar Mai 15, 2007 5:46 pm    Asunto: Enviadas por Daniel Oca Responder citando

Enviadas por Daniel Oca
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada Enviar correo-e
Convidado






MensaxePublicado: Ven Mai 18, 2007 12:48 pm    Asunto: Responder citando

Felicidades pola festa para os nenos que fixeron os do BNG na alameda o día das letras. Unha festa intelixente para nenos intelixentes, e por certo, de moi bo gusto que non nos machacasen con discursos nin mítines , non facía falla, ben nos damos de conta do que se fai e do que non se fai, e donde está o respeto e a educación, e onde está o mal gusto e a corrupción. noraboa BNG. Por certo, nin cuchipandas nin nada, uns caramelos para os nenos, e Oca co seu grupo, axudando codo a codo.
Volver arriba
eMe



Rexistrado: 27 Mar 2007
Mensaxes: 14

MensaxePublicado: Mar Mai 29, 2007 4:55 pm    Asunto: Responder citando

Coma afiliado do BNG e de Galiza Nova de Cee, quería agradecer aos meus compañeiros todos estes bos momentos que vivimos nestes días atrás. É certo que, eu alomenos, decepcioneime un pouco o domingo, pero bueno, supoño que serán cousas da xuventude. Gañamos votos, gañamos simpatizantes, e conseguimos un concelleiro máis. Pasamos de 1 a 2, pero a verdade é que ben o tiñamos merecido. Personalmente penso que mereciamos máis.
A verdade é que observando os resultados dos 3 últimos comicios, podemos estar satisfeitos. No ano 1999 levamos 344 votos e 1 concelleiro, no ano 2003 foron 551 votos e 1 concelleiro, e agora 808 votos e 2 concelleiros. Esta progresión é normal, é lóxica e vai seguir sendo así sen ningunha dúbida.Vense os froitos, tal vez pouco a pouco. É certo, o noso non é un sprint, é unha carreira de fondo que vamos gañar.
Nestes días de campaña nos que todos nós estivemos "pateando" o pobo enteiro, parroquia por parroquia e núcleo urbano, démosnos de conta de moitas cousas. Do marabillosa que é a xente da nosa candidatura (en serio), do grato que resulta falar cos veciños, escoitar as súas críticas, o seu apoio, do desatendido que están as parroquias, do ben que se vive en Xallas e en algúns lugares de Lires, ...
Fixemos 1 campaña e unha precampaña limpa e honrada, cun proxecto de goberno que consideramos é bo, factíbel e axeitado para o concello de Cee. Traballamos tod@s codo a codo, cunha ilusión enorme que seguimos e seguiremos mantendo. Xa fai unhas semanas que tivemos a presentación do noso candidato, Dani Oca. E nestes días fixemos mitins en Brens, Lires, Ameixenda, Pereiriña e Cee. Fixemos un programa de goberno para o concello, e medidas concretas para cada unha das parroquias, que foron repartidas polas mesmas. Fixemos un espazo en internet, un blog, onde consultar todo o que faciamos e ofreciamos (www.danieloca-bng.org). Fixemos unha charla sobre a lei de dependencia, celebramos o día das Letras Galegas cos meniños e non tan meniños de Cee nunha xornada fermosísima (con xogos populares, talleres de globoflexía, un paiaso, ...). Presentamos un programa de comercio así coma as actuacións en política de vivenda, ...
A verdade é que foi un traballo intenso e apaixoante, que creo podo dicir ben alto, ningún dos outros partidos fixo. A nosa campaña foi honrada, xa o dixen. Non nos adicamos a calumniar nin insultar a ninguén, non rexeitamos debatir as nosas ideas, as nosas propostas, non mercamos votos, non carrexamos votos en ningures e menos nas zonas rurais (alí onde outros din todos orgullosos que machacaron!, por que será? ), non nos amparamos só nas siglas do noso partido. Nós traballamos por elas.

Non levamos ladróns na nosa candidatura, nin vellas glorias que se teñen que retirar xa, nin sinvergonzas, nin maleducados, nin caciques, nin xente con intereses persoais, nin títeres, ... Só xente humilde e honrada, xente boa, xente traballadora.

Quero salientar o grande traballo que se fixo, a pesar de ter poucos medios e moitos impedimentos, durante estes últimos catro anos. Nós non só traballamos estes 15 días de campaña, e quen pense así, que mire todas as mocións que presentou o BNG no concello en 4 anos, e xa de paso, que mire tamén o que fixeron os demais.
Quero agradecer persoalmente a Ángel Paz a oportunidade que me deu de formar parte deste grupo de xente que somos hoxe en día. Fai catro anos quizais que nos faltaba o grupo humano que somos agora. Estes méritos, en grande medida, son grazas a Dani. Ben sei o traballo que fixo e que fai, todo o que pasou, ... Ser un só concelleiro, do BNG, nun concello gobernado pola extrema, con maioría, non creo que sexa moi agradábel. Agora xa sodes/somos dous, e claro que vamos seguir "currando" como ata agora, para ser nas próximas eleicións 3, 4, 5 ou os que os votantes de Cee consideren que nos merecemos.
Agradecer a todos os membros da candidatura todo o que nos apoiamos entre nós (sobre todo o cariño e apoio aos "peques" do partido ), todo o que traballamos, todo o que fixemos, ... Grazas a María, a Alfonso, a Fernando, a Fran, a Mª del Mar, a Maikel, a Rafa, a Nieves, a Mª José, a Chiri, a Inés, a Mila, a Susana, a Santos (eres un fenómeno), a todos os que nos votástedes, a todos os que nos axudaron aínda sen vir na candidatura (non quero esquecerme de ninguén, pero aí están Jorge, Jaume, os de Lires, os de Brens, a xente nova do partido, os históricos, ...), a todos os que nos escoitaron, a todos os que nos déstedes ánimo, ...
E estaredes dacordo comigo que hai que darlle as grazas outra vez máis a Dani. Por coller un partido daquela en non moi bo estado, sendo un só concelleiro e non perdendo nunca a moral, as ansias de traballo, o orgullo de ser do BNG. Temos o mellor cabeza de partido que hai, o mellor candidato para alcalde de Cee (lástima que os cidadáns de Cee aínda non o decidiran así, que o van facer!).
Xa sei que non fai falla dicilo, pero o BNG de Cee non vai apoiar nunca a caciques, nin a ladróns, nin a xente que ladra en vez de falar, nin aos que insultan, nin aos que mercan e carrexan votos, nin aos que se lucran da política, do concello, dos cartos de tod@s, ...

Xa sabedes, compañeiros, temos que traballar sen dar nunca un só paso cara atrás, nin tan sequera para coller impulso.

Grazas. A vos.
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaxe privada
Convidado






MensaxePublicado: Ven Xuñ 01, 2007 12:20 am    Asunto: Grazas a ti! Responder citando

eMe,
eu, coma veciña, quero darche as gracias por escribir algo tan bonito. Coma compañeira, dareiche unha aperta tan pronto che vexa porque sintome orgullosa de formar parte de un grupo tan humano e increible.

Apertas a todos
Volver arriba
Convidado






MensaxePublicado: Ven Xuñ 01, 2007 3:18 pm    Asunto: Responder citando

El BNG no habrá ganado las elecciones, pero ha conseguido un triunfo mucho más valioso, que es la amistad, respeto y complicidad de todos los
que forman este pequeño gran grupo de trabajo, el cual, por encima de cualquier sigla electoral, trabaja y trabajará por la Villa de Cee y por sus personas. Pocas formaciones políticas pueden decir esto. Visca el BNG.
Volver arriba
Convidado






MensaxePublicado: Xov Xuñ 14, 2007 5:53 pm    Asunto: Responder citando

Só quería disculparme contigo..., verás dende os meus 18 anos (por desgracia xa hai uns cantos anos diso) fun sempre votante do BNG. Excepto en dúas ocasións: Nas últimas eleccións xerais e agora nestas municipais, e digamos que me arrepinto enórmemente de ter votado ó PSdG de Cee nestas últimas eleccións, si antes de meter a papeleta na urna dinme o que tiñan pensado facer cos votos..., pero bueno xa aprendín a lección.
Sinto moitísimo non terte votado!!! Dentro de 4 anos conta con 1 voto máis, o meu!!
Volver arriba
BLOQUEIRO
Convidado





MensaxePublicado: Xov Nov 13, 2008 10:11 pm    Asunto: Responder citando

DISQUE DOMINGUEZ QUERE PRESENTARSE POLO BLOQUE, E ESO CERTO?.
SE E ASI AUTOMATICAMENTE DOUME DE BAIXA, PERO NON O CREO.
Volver arriba
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Responder ao tema    Índice dos Foros -> Especial eleccións Todas as horas son GMT + 2 Horas
Ir á páxina Anterior  1, 2
Páxina 2 de 2

 
Cambiar a:  
Podes publicar novos temas neste foro
Podes responder a temas neste foro
Non podes editar as túas mensaxes neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes neste foro
Non podes votar en enquisas neste foro


Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
© 2002 Tradución ao Galego por Sergio Ares Chao
Revisado e actualizado no 2005 pola CiberIrmandade da Fala

Anti Bot Question MOD - phpBB MOD against Spam Bots
Registros bloqueados / posts: 1383 / 36