MARÍA CANOSA BLANCO
Naceu en Cée no 1978. Estudiante de Enxeñería, comenzou a escribir moi nova, quizais por influencia de súa nai, Concha Blanco. Se ben ela prefire recomenda-los tres libros que leva publicados a rapaces dunha idade algo máis elevada que os da súa proxenitora. O seu relato "O derradeiro adeus" figura no libro de autores premiados no Certame de Contos "Vila de Pontedeume". Dezaseis relatos. Pontedeume 1991/1995 (Concello, 1995). Participou no libro colectivo Mini-relatos (Librería Cartabón, 1999) e de forma individual ten editados os libros:
-Bramido maino (Ediciós do Castro, 1997)
-A pedra do seixo (Sotelo Blanco, 1997)
-A espreita penumbra (Sotelo Blanco, 1999)