XAQUINA OUTES MARCOTE

 

            

 Naceu en Ameixenda,Cée no ano 1923. Deu no ano 1999 ó prelo un libro de corte popular, no que relata a lenda  de cando Santiago veu á Costa da Morte no século I e estivo na Ameixenda (que daquela "se chamaba Caniso"). Completa o libro unha serie de fotografías e coplas populares da parroquia ceense, rematado cun documento do ano 1729 feito por José Diego de Lamas.

-Lenda de Santiago da Ameixenda (Imagraf, 1999).