| Rafa
Villar
Cee, 1968 Licenciado en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago.. Desenvolve a súa actividade profesional no servicio de normalización lingüística da Confederación Intersindical Galega. Obtivo o premio de narración curta Curuxa do Humor e é membro do Batallón Literario da Costa da Morte e do consello editorial da colección de poesía Letras de Cal. A súa primeira obra poética Liques da memoria (1991), foi merecedora do Premio Bouza-Brey para autores noveis. Logo viñeron títulos como O devalo do mar (1994), No mesmo espacio (1995), A sotavento dunha singradura (1995), O tributo da tarde (1997) e Casa ou sombra (colección "Ablativo Absoluto, Xerais 1997), galardonado co Premio Cómaros Verdes do Concello de Vilagarcía de Arousa. |