CONCHA Concha BlancoBLANCO


Información biográfica

 

CONCHA BLANCO naceu en Lires-Cee (A Coruña), mestra de profesión - desde 1970 exerce a docencia, estivo  durante vinte anos  no  CEIP Eugenio López e  na actualidade imparte Galego no IES Agra de Raíces (Cee)-, é unha autora xa recoñecida na literatura infantil e xuvenil. Ademais é coautora de varios libros de texto.

 Mereceu varios premios: na Agrupación O Facho, no "Barco de Vapor" e o "Lazarillo"


Obras literarias:

CONTOS PARA A ESCOLA (Ed. do Castro,1981);

CHUCHAMEL, (Ed. do Castro,1988);

¿ANDRÓMENAS?, (SM, O Barco de Vapor, finalista 1988);

O NOSO PEPE, (E. do Castro, 1989);

COUSIÑAS PARA A ESCOLA (Ed. do Castro,1990);

A CAMIONETA DE MEDIA RISA;

A MISTERIOSA MONTAÑA DE PENA NEGRA, (Casal,1991);

A VACA TITIRITEIRA, (Bruño, Premio O FACHO, 1991)

O MILAGRE DE CAROLA, (Ed. do Castro,1992);

A PAPOULA ERA MÁXICA, ( E. do Castro, 1994);

MARCELO NON ME TOMA O PELO,(Sotelo Blanco,1994);

A DISCO ECOLOXISTA, (Ed. do cumio,1995);

BERTA NON SOUBO  VOAR, ( Pentalfa, narrativa, 1995);

A MAXIA DA BOLA METÁLICA;

O VESTIDO DE CORA, (Sotelo Blanco,1996);

A MIN QUE ME IMPORTA,(Ed. Bruño,1998, finalista Premio Lazarillo 1997);

O ANIVERSARIO DE ANA, (Ed. Alfaguara, 1997);

A AVENTURA DAS CORES, (Ed. Xerais, 1998);

QUERO QUE VEÑAN OS MEUS PAIS, (2000);

A CASA DE CARTÓN, (Everest Galicia,2000).


Concha Blanco: O noso Pepe
Ilustracións de
X. Vizoso.
Narrativa para nenos.Ediciós do Castro.
Sada, 1989
                               

-Nenos,nenas.Rapaces todos:Eu son un compañeiro de 6º, que cheguei ata aquí da man do voso mestre, que nos cursos pasados foi meu, para presentarvos o meu libriño: "O NOSO PEPE", unha especie de diario que escribin cando foi do accidente.


Concha Blanco: ¿Andrómenas?
Ilustracións de Julio Gutiérrez Más
Col. O Barco de Vapor, 17. Serie Vermella.
Eds. S.M. Madrid, 1989

Suso ten trece anos. É un rapaz tímido e simpático que vai sentindo as transformacións de todo adolescente. Un día comezan a sucederlle estraños feitos: alucinacións, perdas, achádegos misteriosos... A explicación só pode darlla Antón, o irmán xémeo con quen nunca puido falar.


Concha Blanco : A vaca titiriteira
Ilustracións de Mari Fe Quesada
Col. Altamar.
Ed. Bruño,A Coruña, 1991.

Palmira é unha vaca especial.-¿Sabes en que se diferencia das demais?

-Pois...¡no rabo! Un día acordou romper a rutina da súa vida diaria: céibase da corda que lle arrodea o pescozo, despídese das compañeiras e vaise polo mundo adiante. Na súa andaina acontécenlle singulares aventuras... ata que, por fin, atopa unha amiga e, a partir de entón, a vida foilles moi divertida.

Concha Blanco, con linguaxe sinxela e salpresada con manchea de humero, resalta os valores da amizade e tamén da liberdade.Obra premiada pola Agrupación Cultural, "O Facho"


Concha Blanco: A papoula era máxica
Ilustracións de Xosé Vizoso
Narrativa pra nenos. Eds. do Castro
Castro, A Coruña, 1994

Novela de carácter fantástico na que un narrador omnisciente relata, en pasado, as aventuras da serea Antía e do neno Roi.
Este neno, nun dos seus habituais paseos pola praia, descobre unha papoula nunha casa abandonada. A flor cóntalle a súa historia. Cando era unha serea salvou dunha morte segura á raíña Helena, que, en agradecemento, conseguiu que un animal mítico da China lle concedese o seu maior desexo: verse convertida nunha flor.
Co paso do tempo, e froito do trato diario, xorde unha fonda amizade entre Roi e a papoula, amizade que perdurará sempre.


Concha Blanco: ¡Berta non soubo voar!
Pentalfa narrativa
Santiago, 1995

Logo de numerosos libros con historias infantís-xuvenís sorpréndenos con esta novela pensada para adultos, na que se conxugan moitos verbos como tolerar, confiar, compartir. Berta, unha muller de corenta e poucos anos, non soubo voar. Vive unha historia que puido ocorrer en calquera localidade de Galicia. A protagonista encarna ás persoas de sexo feminino privadas de liberdade, mentres a súa filla Alba representa á muller con autonomía á que Berta quere acceder.


Concha Blanco: Marcelo non me toma o pelo
Ilustracións de Vicente Blanco
Infantil,ata 8 anos,Sotelo Blanco.
Santiago, 1995

El era un rato. Tiña a cabeza pequena, os ollos pequenos e as orellas pequenas. O rabo era longo. Pesaba coma unha pluma. Comía tan pouco que moitas veces se alimentaba só co cheiro. Nacera na casa dos de Eirín, dentro dun baúl vello. Todo ía ben, podíase dicir que eran un máis da familia.


Concha Blanco: A disco ecoloxista
Ilustracións de F. Mantecón
Col. A Curuxa, 4. Edicións do Cumio.
Vigo, 1995

Chincheta e Trapina son un mosquito e unha mosquita que viven na casa de Pedriño. Un bo día deciden marchar ó bosque. Voaron e voaron cruzando ríos e vales para poder aterrar nun piñeiral. Alí atoparon un montón de amigos: xabaríns tocando tambores, vagalumes que sorrían ó camiñar, paxaros que entoaban cancións con letra... Foron moi ben acollidos e alí quedaron.
Entre os habituais do lugar estaba Carmiña, estudiante de Bioloxía, e Breixo, estudiante de Arquitectura. Coa intervención de Chincheta e Trapina coñecense, namóranse e casan.
O concello de Prado, lugar onde está o bosque, aproba un proxecto para facer un parque natural de expansión e recreo. No parque, Breixo e Carmiña montarán unha discoteca, pero será unha disco moi orixinal e ecoloxista, na que tamén van traballar o mosquito e a mosquita.
Trapina será a vixiante do parque e Chincheta o encargado da publicidade.


Concha Blanco: O aniversario de Ana
Ilustracións de Elsa Liliana Vázquez
Col. Infantil. Alfaguara / Obradoiro
Vigo, 1997

Ana cumpre dez anos e érguese feliz. Recibe un día máis o cariño dos seus pais e con eles prepara unha festa para os seus amigos. Pero o día depáralle a Ana un agasallo moi especial. Como saídos dun soño fantástico, Cincenta e o Gato con botas preséntanse na celebración e engaiolan ós nenos con novas versións das súas aventuras, converténdose para eles en personaxes inesquecibles que os farán para sempre amantes dos contos.


Concha Blanco: ¡A min que me importa!
Ilustracións de Xan López Domínguez
Col. Altamar, 29. Ed. Bruño
A Coruña, 1998

Obra finalista no Premio Lazarillo de 1997. Publicada en valenciano: Tan se me'n dóna!                                Ó longo dunha serie de capítulos, María, unha rapaza pequena da vila de Cee, iranos descubrindo todo o seu mundo. Así amósano-la súa familia, os seus amigos e a súa mestra, ademais de relatárno-los últimos acontecementos máis salientables da súa vida. Mais isto farao dende o seu punto de vista de nena, comprobándose en numerosas ocasións, como non logra entender moitos dos feitos e dos ditos dos maiores, dándolle ela sempre a súa propia explicación a todo o que acontece.
Presenta este volume, como xa é habitual nesta colección, un apartado inicial onde se ofrece unha serie de notas sobre a autora e unhas palabras desta dirixidas ó seu lectorado, e un apéndice final no que hai un obradoiro de lectura con cuestións relacionadas co texto.


Concha Blanco: A casa de cartón
Ilustracións de
Ánxeles Ferrer
Col. Montaña Encantada, Ed. Everest
A Coruña, 2000

A Adela xa non lle serven os zapatos de charón, que gardaba nunha caixa de cartón coma un tesouro. Os zapatos herdaríaos a súa curmá pequena, pero... ¿que podía facer coa caixa de cartón? Para non a deixar baleira transformouna nunha fermosa casa, que decidiron alugar tras moito matinar, un grilo e un vagalume.